O
4 de febreiro de 2016 doutoreime en
Comunicación e Xornalismo na Universidade de
Santiago de Compostela coa tese 'Música
popular e sociedade no Val do Ulla de 1920 a
1936: unha visión analítica desde a prensa
comarcal'.
Como
membro do equipo de investigación Canal Campus
(www.canalcampus.es)
de Popular Music Studies, adscrito ó Grupo de
Investigación "GI-1786 – Comunicación
audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía"
da Universidade de Santiago de Compostela,
participei en varias investigacións e
iniciativas educativas (véxanse algunhas delas
nos apartados de libros e artigos).
EDUCACIÓN
Desde
setembro
de 2016 son profesor de Formación Profesional
nos ámbitos das Artes gráficas e Imaxe e Son.
Así mesmo, impartín docencia na
Universidade de Santiago de Compostela no
I
Máster en Industria Musical en 2015 e no
II
Máster en Edición en 2005.
XORNALISMO
De
cando en cando colaboro escribindo artigos
sobre historia e tecnoloxía para a revista Código
Cero
Desde
decembro de 2016 e ata maio de 2017 traballei
no gabinete de prensa da Deputación
de Pontevedra.
Durante varios meses en 2013 e 2014 colaborei
coa cooperativa Cidadania
desenvolvendo tarefas de comunicación para a Rede
Eusumo e no 2015 no proxecto 'Historia
da informática en Galicia'.
No
ano
2012 colaborei con MeteoGalicia (www.meteogalicia.es)
e o Centro de Supercomputación de Galicia (www.cesga.es)
na difusión do proxecto MeteoSIX,
do que xurdiu a aplicación MeteoSIX para
móbiles. Desde
o
1995 ata o 2011 traballei en varios medios do
Grupo Correo Gallego, o último deles o diario
Galicia Hoxe, que pechou a súa edición en
papel o 28 de xuño do 2011: http://www.galiciahoxe.com