Quince
aniversario para A Requinta da Laxeira
A Requinta da Laxeira celebrou en 2019 o seu quince
aniversario, unha década e media na que percorreu
ducias de lugares dentro e fóra de Galicia facendo
multitude de amigas e amigos.
¡Graciñas!
|
|
|
A
Requinta da Laxeira lanzou en 2013 o seu segundo disco,
Maise
O grupo de requinteiros estreou
o segundo disco, Maise,
cunha actuación na compostelá Sala Capitol o 8 de xuño de
2013.
O primeiro disco,'Vai
de baranda', lanzouse en 2010
A Requinta da Laxeira vai
de baranda, chunda, chunda, de aquí para acolá,
unhas veces preto e outras máis lonxe… sempre con brincos,
voltas, aleghría… fiel reflexo da savia nova. A Asociación
Cultural San Campio é o berce e acubillo deste grupo que
comeza a súa andaina alá polo ano 2004.
O grupo durante a gravación do seu primeiro disco.
Prema na foto para agrandala
Foto: © A Requinta da Laxeira 2009
O sábado 20 de marzo do 2010 presentouse
en
Santiago o primeiro disco de A Requinta da
Laxeira
|
|
A comarca da Ulla e as súas xentes representan as sementes
que fan agromar en cada unha das súas actuacións as músicas
e os cantares dun tempo, e mailo imprescindible ¡arrecendo
a festa rachada!
A requinta, instrumento característico desta zona e que
tamén lle dá nome á formación, é a anfitriona de muiñeiras,
pasodobres, xotas, rumbas… que convidan a botar unha baila
tanto ó solto como ó agharradiño.
¡Viva a ghaita, as ghaiteiras e os ghaiteiros, viva a
requinta, as requinteiras e os requinteiros, viva a festa e
vivan as festeiras e os festeiros! ¡Aturuxos… foghetes ó
aire… pum… pum… pum!
A Requinta da Laxeira…
¡VAI
DE
BARANDA!
A Requinta da Laxeira é un grupo musical
que forma parte da Asociación Cultural San Campio de
San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña).
© 2020 www.arequintadalaxeira.com
Tódolos dereitos reservados.
|
|
|
|
|