Son
14
cancións aderezadas co máis puro estilo laxeiro, gravadas e
mesturadas no estudio Phonos (A Estrada). Levounos tempo de
maise... pero por fin... ¡xa está aquí! ¡Nunca a menos,
sempre a maise!
1. Intro
2. Rebola
Esta peza foi moi popular alá polos anos 80. Augamar foi un
dos grupos que a interpretou e aínda hoxe é coñecido o seu
retrouso. Nós fixémo-lo arranxo para que puidera ser tocada
con gaitas e requintas. As súas letras aínda despois de
pasar máis de 30 anos desde a súa creación, por desgraza,
seguen estando de actualidade.
ESTRIBILLO
Rebola bola, vosté dis,
que dis, que deu.
Vosté dis, que deu na bola,
pero na bola non deu.
Mais dos homes desta terra,
queren todos ter traballo.
Mentras os capitalistas,
gozan véndonos parados.
ESTRIBILLO
Moitos falan o galego,
con finura porque mola.
Mais pra falalo con xeito,
hai que mamalo na escola.
ESTRIBILLO
Tráennos a carne de fóra,
negocio dunhos larpeiros.
E o que teña bos becerros,
que os enterre no palleiro.
Os deputados galegos,
sonche moi ben educados.
Falan moi ben nesta terra,
e en Madrí están calados.
ESTRIBILLO
Esta vai por despedida,
esta vai pros governantes.
E se non queren marchare,
habémolos botar antes.
ESTRIBILLO
Rebola o pai, rebola a nai,
rebola a filla.
Eu como son da familia,
tamén quero rebolar.
3. O ghalo canta
Esta canción representa a historia do grupo. Con ela tivemos
o pracer de percorrer case toda Galicia e parte do
estranxeiro, convertíndose en todo un clásico nas nosas
actuacións.
ESTRIBILLO
O ghalo canta,
a ghaliña chora.
Polos pitiños,
que dormen fóra.
Banana eo,
banana eo.
Banana eo, eo,
banana eo.
Pelotas é un estado,
é un estado que hai no Brasil.
Meu tío que é brasileiro,
baila en Pelotas no mes de abril.
ESTRIBILLO
Banana non ten caroso,
non ten caroso, non ten non ten.
Tamén a carne sen óso,
non ten caroso mais sabe ben.
ESTRIBILLO
Estaban dous namorados,
moi arrimados no bananal.
O mozo que era traveso,
foise arrimando pa lla espetar.
ESTRIBILLO
4. Mazurca
Foi recollida a Manuel Rieiro Bustelo da Cabreira (Santa
Comba), grande gaiteiro onde os houbera e que xa non se
atopa entre nós. Esta peza é unha pequena homenaxe a el.
5. O ghalo cando canta é
día
Peza con aires de rancheira que foi adaptada polos propios
gaiteiros para darlle un sabor máis galego.
Eu son feliz sen traballar,
á mañanciña cando o ghalo vai cantar.
Kikiriki kikiriki kikirikiiiiiiii
O ghalo cando canta é día
o ghalo é moi cantador,
á mañanciña cando se levanta,
kikiriki que canta coma un reiseñor.
Eu son feliz sen traballar,
á mañanciña cando o ghalo vai cantar.
Kikiriki kikiriki kikirikiiiiiiii
O ghalo que ten Maruxiña
é un ghalo moi cumplidor,
que cen ghaliñas ten no ghaliñeiro
e todas suspiran polo seu amor.
Eu son feliz sen traballar,
á mañanciña cando o ghalo vai cantar.
Kikiriki kikiriki kikirikiiiiiiii
Os ghalos novos da requinta
comezan xa a mocear,
á mañanciña cando se levanta
kikiriki que cantan vanse a enghominar.
Eu son feliz vendo pasar,
ós laxeiriños cando van a ghalear.
Vana esfolar, vana esfolar, vana esfolaaaar
O ghalo que ten o Peruco
é un ghalo moi papador,
que lle ataca a tódalas galiñas
e a tódalas kikas que hai en Sarandón.
Eu son feliz vendo pasar
ó Peruquiño cando vai a rabentar.
Gran papador, gran papador, gran papadoooor
6. Muiñeira da Laxeira
Peza composta por Emilio Lois con letras tradicionais para A
Requinta da Laxeira.
Miña nai miña naiciña
coma miña nai ningunha,
que me quentou a cariña
co caloriño da súa.
Heiche de toca-las cunchas
miña carrapucheiriña,
heiche de toca-las cunchas
naquela corredoiriña.
Andivécheste alabando
que te quería o ghaiteiro,
o ghaiteiro non te quere
se non te monta primeiro.
Alá vai a despedida
por riba dunha peseta,
aghora non canto máis
que teño a gharghanta seca.
7. A Caneca
Versión portuguesa do Caneco galego, pois o seu retrouso
recórdanos moito a esta peza. Este arranxo aprendémolo da
coñecida cantante portuguesa Tonicha.
ESTRIBILLO
Aora zumba na caneca,
aora na caneca zumba.
No diabo da caneca,
toda a noite catrapumba.
Se che preghuntan quen es,
responde sen cobardía.
Eu sonche de Sarandón,
e ando de romaría.
ESTRIBILLO
Aldea de Sarandón,
aldea que todo ten.
Boas mazáns, boas peras,
boas mociñas tamén.
ESTRIBILLO
No medio de San Miguel,
hai un carballo das mentiras.
Onde se xuntan as nenas,
pra ghobernar moitas vidas.
ESTRIBILLO
Inda vaias e non volvas,
desaparecido seas.
Pola noite as pernas tronces,
pola mañá cegho veñas.
ESTRIBILLO
8. Fado batido
Este fado é interpretado polos grandes e descoñecidos
gaiteiros portugueses, e din en Portugal que é a peza coa
que miden a calidade dos gaiteiros. Aprendémola dos grupos
Os Carriços e o Toni das Gaitas
9. Os San Benitiños
Adaptación ao estilo laxeiro dos San Bieitos galegos. A
letra é popular, e a segunda parte pertencía ao repertorio
de Cuco de Velle.
ESTRIBILLO
San Benitiño do ollo redondo
hei de ir alá, miña nai, se non morro
hei de levar unha ola de viño
e unha bola de pan pro camiño.
Se vas ó San Benitiño
non vaias ó de Paredes,
que hai outro máis milagreiro
San Benitiño de Lérez.
ESTRIBILLO
Ó San Benito de Lérez,
a que lle foron armare,
que tiña un bo viño mosto
debaixo do seu altare.
ESTRIBILLO
Árdelle o eixo árdelle o carro
árdelle o eixo hai que mollalo,
hai que mollalo, hai que mollalo
árdelle o eixo , árdelle o carro.
ESTRIBILLO
Lalalalá Lalalá lalalá
Lalalá lalalá Lalalá lalalá lala
Se vas ó San Benitín, se vas ó San Benitín
se vas ó San Benitín, Benitiño.
Non vaias ó de Paré,
non vaias ó de Paré,
non vaias ó de Paré, de Paredes.
Que hai outro máis milagrei
que hai outro máis milagrei
que hai outro máis milagrei, milagreiro
Se vas ó San Benitín
se vas ó San Benitín
se vas ó San Benitín, ai mi madre.
Lalalalá Lalalá lalalá
Lalalá lalalá Lalalá lalalá lala
Eu non sei o que ten a morena
eu non sei o que a morena ten,
eu non sei o que ten a morena
ai que todos a queren ben.
ai que todos a queren ben
ai que todos a queren ben,
eu non sei o que ten a morena
eu non sei o que a morena ten.
10. O Paraugas
Esta é outra das pezas que se encontraba no repertorio de
Cuco de Velle e coa que tantas tardes ten amenizado os seus
amigos e clientes na súa taberna.
O paraugas do Xosé
é un paraugas moi malo
se lle caen catro ghotas
xa se lle humedece o pau.
E por eso unha mulata,
por moi mollada que esté,
non se poría debaixo
do paraugas do Xosé
E o que é meu, é meu, é meu,
e o que é teu, é teu, é meu.
Eu non quero que vaias dicindo,
que tumba que dalle, que tal que sei eu.
11. Movede
Peza case imprescindible no Entroido do Hío, Cangas.
Aprendémola das xentes dese lugar.
ESTRIBILLO
Movede,
movede as cadeiras mozas.
Movede,
movede que as tedes moi boas.
Ai mamá Juana,
ai mamá Juana.
Bota unha copiña de anís do bo
e da Asturiana.
Ai mamá Dolores,
ai mamá Dolores.
Bota unha copiña de anís do bo
e dos mellores.
Unha vella de cen anos
e outra de cento catro.
Alá pola medianoite,
fixéronlle a pera ó ghato.
ESTRIBILLO
Imos da-la despedida
da Requinta da Laxeira.
A festa non rematou
que sigue a noite enteira.
ESTRIBILLO
12. Machote
Cantar de cego que se fixo moi popular despois da súa
gravación polo xa tristemente desaparecido grupo
Rumbadeira. Quixemos rescatala, pois parécenos que pola súa
música e letra debe estar presente.
ESTRIBILLO
Non te preocupes nada muchacho,
tómao a broma,
que na vida hai que ser macho.
Quen o sufra, tonto é de capirote,
quen non toma nada en serio, é o machote.
Aquel que ten na casa o seu consorte,
e que soporte e preste axuda.
Tres cuñadas e unha soghra con bighote,
non cabe duda é o machote.
ESTRIBILLO
Aquel que se peghou co leiteiro
e o panadeiro arrebentouno.
E peghoulle ao seu carteiro no coghote
non cabe duda é o machote.
ESTRIBILLO
13. O San Sadurniño
Peza do repertorio de Cuco de Velle que conta as desgrazadas
vivencias dun home na visita ás festas desta vila. Como é de
costume esta peza leva uns pequenos arranxos propios do
grupo.
Eu fun á feira de San Sadurniño,
enchinme de viño ,de rir e troular,
bailei a muiñeira,brinquei coas nenas
e cun pé de pino din paus a mallar
AI LA, LA, LA, LA...
Desfíxenlle o baile,rompinlle o pandeiro
e os mozos do Outeiro viñéronse a min;
e tonto non fixen no campo enseguida
das miñas mauciñas dous palmos lle din.
AI LA, LA, LA, LA...
Loitei un anaco cos tres de Liñares,
tumbeinos ós pares sen nada nas mans;
e cun puñetazo dos meus cutrumellos
chimpeille os queixeiros ós tres de Bardaos.
AI LA, LA, LA, LA...
Sentín o aturuxo no medio da ponte
que ata o meu monte sentín que estrombou;
deixeime de andar e apretei a manciña
pois cara min viña quen aturuxou.
AI LA, LA, LA, LA...
E vin unhos homes no monte correndo
cuns paus levantados coma unhos ladrós;
despois de mallarme xunto ao pasadoiro
puxéronme en coiros, aqueles bribós.
AI LA, LA, LA, LA...
Non volvo á feira de San Sadurniño
nin bebo máis viño nin volvo a troular,
nin bailo a muiñeira nin brinco coas nenas
nin co meu pauciño dou paos a mallar.
AI LA, LA, LA, LA...
Veu a furghoneta pintada de neghro
cunha línea roja de adiante a atrás.
Había catro homes, un tolo, un neghro,
un vello, un ghuapo, o Equipo A.
AI LA, LA, LA, LA….
Laaaaailalalá, la la la , lalalaaaaailalalá, la la lai la
la…
Se vas á festa da Baña, virás aburrido
comerás castañas asadas e leite férvido
E ron, e ron, e ron, e ron…
e róncalle o corazón….
Ron, ron, ron…
Se vas a Sarandón á festa do viño
has de volver arrastro polo camiños
E ron, e ron, e ron, e ron…
Que eres un borrachón, que eres un borrachón
na festa de Sarandón
Ron, ron, ron…
14. Sancristán de Coímbra
É outra das pezas máis coñecidas na canción popular galega e
interpretada por moitos dos grupos que xurdiron nos anos 70
e 80. Canción que non pode faltar nas nosas actuacións e á
que lle engadimos un par de copliñas populares acompañadas
dunha moi traballada coreografía.
ESTRIBILLO
E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén.
O Sancristán de Coímbra
facía dez mil diabluras
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras.
ESTRIBILLO
O mar tamén ten amores
o mar tamén ten mulleres,
está casado coa area
dálle bicos cantos quere.
ESTRIBILLO
Eu quixera ser merliño
e te-lo pico encarnado,
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado.
ESTRIBILLO
Ó subi-las escaleiras
unha pulga me picou,
collina polas orellas
vaia hostias que levou.
ESTRIBILLO
O Santo Cristo de Ourense
pideulle a Deus por favore,
desatademe esta mán
que vou rasca-los collóns.
15. Limón
O retrouso desta peza foi recollida dos cantares do Entroido
da Ulla, da Parranda de Vellos de Paradela (A Estrada) dos
anos 50. Engadímoslle música para darlle o noso toque
persoal, e coplas pertencentes ao libro 'Coplas
Ulláns' de Raiceiros
ESTRIBILLO
Se queres cheirar limón,
cheira o meu cú, cheira o meu cú
se queres cheirar limón
cheira o meu curasón.
Que non hai mellor olor
que o do meu cú, que o do meu cú
que non hai mellor olor
que o do meu curasón.
Aire de arriba e de abaixo
na corredoira se xunta,
o amor que ben me quere
onde non sabe preghunta.
ESTRIBILLO
Aínda che hei de botar unha,
aínda che hei de botar outra,
aínda che hei de botar unha,
que che hei de queima-la roupa.
ESTRIBILLO
Anque botes e rebotes,
e volvas a rebotar,
anque botes e rebotes,
por debaixo has de quedar.
ESTRIBILLO
Esta si que che vai boa,
esta si que boa vai,
esta si que che vai boa
vai na casa de teu pai.
|
Agradecementos:
• Á
Asociación Cultural San Campio , o noso berce; e a tódalas
persoas que formaron parte desta entidade ao longo dos
seus 25 anos de historia. Por sementar inquedanzas, por
alimentar soños, por soñalos xuntos. GRAZAS.
• Aos Laxeiriños, Dedaleiras, pequenos, e ás vellas
glorias de Aloumiños e Zaragallada, por continuar esta
andaina.
• Aos anteriores membros do grupo: Gerardo, Anxo, Jose e
Toño C .
• Aos que fan perdurable no tempo a nosa cultura e
tradicións.
• A Valentín, por facer algo maise que unha mestura.
• A Henrique Neira pola web que traspasa fronteiras.
• A Manu "Regueiro" por sacarnos ghuapos/as nos contidos
audiovisuais.
• A Pedro Maceira e Iván Fraga por achegarnos unha nova
imaxe.
• A Emilio Lois, por acompañarnos neste camiño.
• A Gustavo e a Juanfran por botarnos unha man nalgunha
das nosas actuacións.
• A tódolos compañeiros/as cos que compartimos foliadas,
seráns, pasabodeghas e festas rachadas.
• Ás nosas amizades, familias e parellas, por estar
sempre, e por aturar o ir e vir de actuacións varias e
voluntarias.
• Aos que nos apoiades e seguides por cada recuncho do
país e por parte do estranxeiro.
Maise, maise, maise, dádenos maise... queremos maise,
movede o corpo!
'Maise'
en directo
Velaquí varias imaxes da presentación do disco 'Maise' o 8
de xuño de 2013. Fotos: © Pixelin Photo 2013
|